Help
Axuda:Escoller un micrófono
Mínimo
Hoxe en día, calquera cuarto tranquilo cun computador silencioso e un micrófono serve. O ventilador do computador, o ruído do cuarto, ruído de obras e ruído da rúa son os seus inimigos principais. Mais a maioría dos micrófonos abondan para gravar a voz humana de maneira aceptábel.
A gravación con smartphones tense revelando como sorprendentemente boa; os de maior calidade teñen tarxetas de son dedicadas que limpan a entrada de son de ruídos de fondo indesexados.
Material recomendado
Esta é unha recomendación semiprofesional:
- Un cuarto tranquilo / estudio de gravación
- Un conxunto que inclúa:
- Un micrófono de condensador con saída XLR
- Uns cascos para comprobar a saída de son
- Unha tarxeta de son externa
- Un cable XLR
- Posíbeis accesorios:
- Un soporte para o micrófono
- Un filtro antisoplidos
- Un sistema antivibración
- Un computador, mesmo modesto (a cadea de gravación de son é externa)
- Unha conexión estábel á Internet
Cost : ~ 250US$.