Translations

Help:Interface/4/gl

Para gravar en «Lingua Libre» ten que ter conexión coa conta de «Wikimedia Commons» para que os sons poidan ser enviados. Para isto, en «Lingua Libre» ten que acceder coa súa conta de «Wikimedia Commons». Prema na figura da parte superior dereita da páxina e logo en «Acceder a Wikimedia Commons». Se aínda non ten conexión a «Wikimedia Commons», chegará a unha páxina que lle pedirá que introduza o seu nome de usuario e contrasinal; a seguir, prema en «Acceder».